Museo Valle-Inclán



Contacto

Podes contactar con nós a través do formulario ou localizarnos no seguinte enderezo.


Museo Valle-Inclán
Torre de Bermúdez , Cantón da leña, s/n
15940, A Pobra do Caramiñal
A Coruña
42.603463, -8.937678
Telf: 981 83 16 62

Correo electrónico: museo.valleinclan@apobra.gal

IMPRESOS

Solicitude de uso do auditorio
Solicitude de visitas guiadas de grupos
Museo Valle-Inclán

ICONA DA CULTURA

Don Ramón María del Valle-Inclán, «Señor da Pobra do Caramiñal» —nome eufónico cheo de resonancias de antano e título ilusorio, con que el gustou de se adornar—, foi un dos personaxes máis singulares das letras mundiais. O alcance das súas peripecias biográficas e a magnitude das súas obras literarias, isto é, a súa liberdade de creación artística e a súa inspiración plural en mensaxes universais, favorecen que sexa sempre un autor de actualidade e en permanente diálogo con sucesivas xeracións de público. Esta institución, especializada no valor sólido dunha personalidade que é xenio e figura, reúne unha coidada selección de fondos patrimoniais que son atractivos para calquera visita, orixinais, únicos. En especial, mobiliario e obxectos procedentes de distintos domicilios da familia de D. Ramón e utilizados por el. Xunto a eles, espertan unánime curiosidade entre o noso público outras vistosas coleccións, como a das primeiras edicións dos seus libros, manuscritos da súa propia man, pinturas, esculturas, cerámicas, carteis e aderezos teatrais, moedas ou selos dedicados ó arousán universal, aparatos precinematográficos etc. Mención especial merecen as series iconográficas, como caricaturas e ilustracións, deseños que popularizan e achegan a tódolos públicos a imaxe amábel do Valle-Inclán máis persoal. En cada sala ofrecemos puntual información mediante paneis e códigos QR.