¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Max Estrella

Sala 4

 

Denomínase así á sala situada no primeiro andar da casa principal, por ser este un espazo interesado en divulgar a etapa de consagración do escritor ao esperpento.  Antigamente, esta estancia albergaría espazos para usos domésticos e de servizo común.

Ofrece un xogo de paneis explicativos onde podemos consultar, de forma abreviada, unha presada de informacións contrastadas sobre os temas especificamente divulgados.

O esperpento como xénero que don Ramón del Valle-Inclán leva á escena teatral e á súa narrativa fai a súa aparición coa obra Luces de bohemia (1920). É na conversa mantida por Max Estrella con don Latino de Hispalis onde o escritor ofrece a definición deste drástico cambio de expresión literaria. Este outro modo de interpretar a realidade, mestura de grandeza e de grotesco que Valle-Inclán considera propia da sociedade española, emprégase en toda a súa obra a partir de entón.

«Los héroes clásicos reflejados en los espejos cóncavos dan el Esperpento. El sentido trágico de la vida española sólo puede darse con una estética sistemáticamente deformada. [...] Las imágenes más bellas en un espejo cóncavo son absurdas. [...] La deformación deja de serlo cuando está sujeta a una matemática perfecta. Mi estética actual es transformar con matemática de espejo cóncavo las normas clásicas»

Ramón del Valle-Inclán, 1920

Observemos o mobiliario e obxectos reunidos:

Primeiramente 

A mostra de vestiario deseñado para representar Las galas del difunto, La cabeza del Bautista, Ligazón e El embrujado (1998), do Centro Dramático Galego; e para Luces de bohemia (1971) e Divinas palabras (1986), do Teatro Bellas Artes de Madrid.

 

PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Seguidamente 

En vitrinas, a escolma de documentos orixinais e facsimilares.

Na primeira, á esquerda, vistosas primeiras edicións de libros de ideario tradicionalista, como a triloxía da Guerra carlista (1908-1909) e Voces de gesta (1912); a tarxeta postal enviada por don Ramón a Manuel Company, con poema manuscrito (1902); memorias de García Martí sobre a elección de Valle-Inclán como presidente do Ateneo (1932); unha das cartas enviadas a Manuel Azaña (1935); o comunicado emitido polo Partido Galeguista (1936).

Na segunda, ao centro, parte principal das obras completas de Valle-Inclán, en especial os volumes da colección Opera Omnia, (1913-1936), e outras  edicións de coidadas portadas. Complemento seu son, na terceira vitrina, as publicacións periódicas e por entregas.

 

PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Finalmente 

As obras das belas artes orixinais. En especial, o gravado de don Ramón (1919), por Moyá del Pino; o cartel para Ligazón (1972), de Isaac Díaz Pardo; a escenografía para Los cuernos de don Friolera (1976), de Pepa Estrada; o cartel para Avareza, Luxuaria e Morte n´area ibérica (1976), de Conde Corbal; o icónico Tirano Banderas (2001) e o magnífico Valle-Inclán (2006), pintados por Alfonso Costa. No entanto, antes de abandonar esta sala, non deixemos de admirar as cerámicas de Sargadelos ou a colección medaística e de filatélia. E sobre todo, as esculturas dedicadas a don Ramón por Santiago Bonome (1935) e Francisco Toledo (1986), esta última moi popular, debido a que foi instalado polo Círculo de Bellas Artes de Madrid no Paseo de Recoletos.

 

PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar