¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Viana do Prior

Sala 3

 

Denomínase así a sala situada no segundo andar da torre, por ser este un espazo interesado en introducir ao público nos espazos valleinclanianos, reais e de ficción literaria inspirados en ámbitos reais, que non sempre poderemos identificar cunha localización concreta e precisa.

Antigamente esta estancia sería lugar residencial, distribuído en cámaras familiares e alcobas privadas, con aproveitamento do baixo cuberta para uso de desván, oculto por un artesonado.

De entre os topónimos citados nos seus textos acaso o máis recurrente será aquel de «Viana del Prior». Empregado por primeira vez como «Puebla del Prior» en 1901, isto é como unha recreación léxica derivada de «Puebla del Deán», o nome dun dos concellos fusionados no actual da Pobra do Caramiñal. Deseguido aparecerá como «Viana del Prior» en 1902, en Sonata de otoño, e así logo en sucesivos libros, como El marqués de Bradomín, Águila de blasón, Romance de lobos, Cara de plata, Los cruzados de la causa, El embrujado ou Divinas palabras.

Presiden esta sala dúas pezas fundidas en bronce: o busto do intelectual don Victoriano García Martí (1919), obra de Mateo Larrauri, o que foi amigo e biógrafo devocional de Valle-Inclán, e a escultura de don Ramón andante (2002), de Gonzalo Sánchez Mendizábal. 

 

«Mi distinguido amigo y paisano: Mucho he agradecido su carta y ella avivó mi sentimiento de no verme en la Puebla como era mi deseo y esperanza al dejar Madrid. Creo que hubiera sido el lugar de la tierra donde hubiera vivido más a gusto... Sin embargo, no pierdo la esperanza de acabar ahí mis días, y aún es más, confío en recobrar ahí unas piedras viejas [a torre de Bermúdez]».

Ramón del Valle-Inclán, 1912

Observemos o mobiliario e obxectos reunidos:

Primeiramente 

O dormitorio do matrimonio, composto de cama principal, mesiña de noite, roupeiro, cómoda de espello e toucador, procedentes de residencias familiares de don Ramón del Valle-Inclán en Madrid. Tamén o despacho do «desvanillo donde yo me aíslo para fumar la pipa y construir palacios», procedente de «Villa Eugenia».

 

PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Seguidamente

En vitrinas, a escolma de documentos orixinais e facsimilares, que informan dalgúns dos principais feitos de don Ramón del Valle-Inclán e da súa familia na Pobra do Caramiñal, período comprendido entre 1916 e 1925. En especial, as cartas onde alude ao que escribe entre nós: El pasajero, Cara de plata, Divinas palabras, Los cuernos de don Friolera, Tirano banderas...; as fotografías súas no terruño Barbanzón, instantáneas de Garita e de Gaset Neyra; a acta de constitución do Sindicato Agrario Católico Obrero de la villa de la Puebla del Caramiñal (1919) onde Valle-Inclán figura como presidente.

 

PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Finalmente

As obras das belas artes. En especial, a paisaxe Vista del Miño y montañas de Portugal (1889), de Ovidio Murguía; o bodegón Rosa de Zoroastro (1973), de Jaime del Valle-Inclán; o lenzo Recogiendo manzanas (ca. 1970), do pintor Juan Luís. No entanto, antes de abandonar esta sala, non deixemos de admirar o gran retrato ao óleo de don Ramón del Valle-Inclán (1973), realizado polo pintor Manuel López Garabal. Onde se tributa unha sentida homenaxe ao escritor, representando así a súa figura, así algunhas das súas creacións literarias.

 

PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar