¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Sala Bradomín

Sala 2

 

Denomínase así a sala situada no primeiro andar da torre, por ser este un espazo interesado en divulgar a etapa de consagración do escritor á estética modernista. Antigamente esta estancia sería unha gran sala caldeada pola cheminea parietal, da que pende un escudo, tallado en madeira, conforme aparece representado en libros seus.

Ofrece varios paneis explicativos, onde podemos consultar, de forma abreviada, unha presada de informacións contrastadas sobre os temas especificamente divulgados.

É neste período cando don Ramón adopta a súa característica imaxe pública. En 1915 e 1916, Valle-Inclán, un home que nunca deixa de reflexionar nin de fabular, solicita «rehabilitación a su favor en los títulos de Marqués del Valle y Vizconde de Veixín», aos que engade aquel eufónico de «Señor del Caramiñal», do que fan gala el e os seus discípulos. En tan noble ideal terza décadas despois o intelectual e escritor Victoriano García Martí, que propón renderlle un merecido tribto nacional a don Ramón e así obsequialo cun fogar definitivo en Galicia: a torre de Bermúdez.

«Don Manuel Bermúdez y Bolaño, mi bisabuelo, fue un caballero… Dormía mi bisabuelo en una gran sala de la torre, con un criado a la puerta, y yo le suponía lleno de remordimientos, turbado su sueño por fantasmas y aparecidos. [...] Creo que ha sido un carácter extraordinario, y así estimo sobre todas mis sangres la herencia suya [...]. Qué amorosa evocación tiene para mí aquel tiempo! ¡Dorado es tu nombre, Santa María del Caramiñal! ¡Dorada tu iglesia con nidos de golondrinas! ¡Doradas tus piedras! ¡Toda tú dorada, villa de Señorío!».

Ramón del Valle-Inclán, 1915 

Observemos o mobiliario e obxectos reunidos:

Primeiramente 

O moble comedor, composto de mesa e cadeiras a xogo, sobre o que se exhibe unha mostra de cristalería fina, e a carón deste, o sofá de esquina alto, tapizado en veludo estampado, procedentes de residencias familiares de don Ramón del Valle-Inclán en Madrid.

 

PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Seguidamente 

En vitrinas, a escolma de documentos orixinais e facsimilares.

Na primeira, o certificado de amputación do seu brazo esquerdo (1899); edicións do seu segundo e terceiro libro, Epitalamio (1897) e Cenizas (1899);  así como esa edición especial, asinada e numerada por propia man do escritor, de Sonatas. Memorias del marqués de Bradomín (1928).

Na segunda, a caricatura de don Ramón ante el Morro de La Habana (1921), obra de Conrado Massaguer; o Manifiesto dos intelectuais españois en contra da dictadura do general Gerardo Machado (1931), ou unha parte testemuñal do seu espistolario máis personal e íntimo.

 

PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Finalmente

As obras das belas artes. En especial, o gravado Crepúsculo, obra de Ricardo Baroja, reproducido na primeira edición de Jardín novelesco (1905); o retrato de Castro Gil (1944); os debuxos de Carlos Maside (vv.aa.); as caricaturas de Alvaro Cebreiro (1924) e Lino González Rubido (ca.1935). No entanto, antes de abandonar esta sala, non deixemos de admirar o boceto do cartel para a representación de Águila de blasón (1966), no Teatro Nacional María Guerrero de Madrid, obra do pintor e escenógrafo Manuel Mampaso. A talla El marqués de Bradomín (2016), que preside esta sala, é obra do escultor Ricardo Dávila.

 

PICA SOBRE AS MINIATURAS PARA VELAS EN DETALLE

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar