¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Museo Valle-Inclán

A Pobra do Caramiñal

O museo está situado na Torre de Bermúdez (S. XVI), declarada Monumento Histórico Artístico en 1976 e vinculada á familia de Valle-Inclán, xa que pertenceu aos seus avós. O museo, de iniciativa municipal, foi creado en 1986 co obxectivo de conservar e difundir testemuñas da obra e da vida do escritor.

Ramón do Valle-Inclán (1866 - 1936) é un dos escritores galegos máis representativos da literatura en lingua castelá, caracterizado pola súa vocación innovadora, o resentimento social e a técnica esperpéntica, e a eterna memoria do mundo rural de Galicia. No museo achéganse datos da vida do escritor e da súa produción artística, así como referencias á época na que viviu e a personalidades coas que compartiu inquietudes e oficio.

No museo atópanse primeiras e raras edicións de libros do autor, manuscritos orixinais, fotografías de época, obxectos de belas artes (escultura, pintura, caricatura), vestiario, escenografías e cartelería teatral. Ademais, conta cunha sala para exposicións temporais e un auditorio no que se organizan distintas actividades culturais ao longo do ano.

Planifica a túa visita  
ao museo

Contacta connosco para planificar a túa visita, ben sexa individual ou en grupo, podemos ofrecerche moitas máis opcións que a visita ao Museo, incluíndo roteiros en distintas localidades ou informarche acerca das opcións de accesibilidade para que aproveites ao máximo a experiencia.

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Boletín

Subscríbete ao noso boletín de noticias para estar ao día de todas as novidades que ofrece o Museo.